Comparto por primeira vez (para eles é a terceira) a alegría dunha xuntanza de emigrantes de Lugo (Paradela e Páramo principalmente) en Suíza. Xúntanse en torno a don José Otero Seijas, quen foi capelán na misión española e que acolleu a moitos deles ao chegaren, axundándoos co idioma e trámites burocráticos… bautizou, casou… un acompañamento integral en todos os aspectos da vida das persoas. Celebramos misa na Parroquia de San Antonio e logo compartimos un xantar de confraternidade.
José Otero (á dereita da imaxe) escoita os recordos de anos atrás das persoas que se toparon con él na misión española en Suiza.