Procesión en Piñeiro

A parroquia de Piñeiro permanece fiel a súa cita anual coa no mes Rosario, celebrando una novena na honra da Virxe e unha Eucaristía solemne o día 7 de outubro. Ainda que este ano non houbo “festa de campo”, sí que houbo festa na igrexa e nas casas. Sacerdote e fregueses colaboran e vanse turnando cada día dirixindo o rezo do rosario na igrexa parroquial. Ainda que non estea o cura presente os vecinos xúntanse de igual xeito para compartir esta oración tentando manter así a unidade parroquial. Responde esta celebración a una longa tradición dos habitantes desta parroquia, xa dende tempo inmemorial e x amáis recentemente por una acción de gracias á virxe que nace na guerra. Escoiteille esta versión a Marta, veciña de Piñeiro, que reproduce na súa conta da Facebook: “Nun lugar do Páramo chamado oficialmente San Salvador de Piñeiro, hoxe é festivo, igualiño ca na Coruña, é o día da nosa patrona,a Virxe do Rosario, a Virxe que protexeu ós combatentes piñeirenses na Guerra Civil, seica non morreu ningún,miragre ou sorte…ou que eran uns soldados preparadisimos, vai ti saber”.