

Manuel López López, sacerdote natural da parroquia de Rivas de Miño, no Páramo, celebrou os seus 50 anos de sacerdocio na compaña de familiares, amigos e veciños. Despois da Eucaristía na igrexa do Vilar, os asistentes compartiron xantar ó carón do templo.