27 abril, 2024

Foto Castro

Pedrafita do Cebreiro

Galería de imaxes antigas de Pedrafita

O Centro de día Manuel Villasol de Pedrafita do Cebreiro alberga unha pequena selección de imaxes de «Foto Castro» cedidas pola familia Castro Alba, para que os maiores que usen estas instalacións vexan nesas imaxes o recordo que eles gardan na súa memoria. Recollen o lugar onde se asenta actualmente este centro, lugar que ocupaban astes as escolas. As feiras de antano foron tamén eventos importantes para as xentes da comarca. Para os máis novos será un reflexo de como foi cambiando a paisaxe do seu pobo ao longo dos anos.